Ferrovial doa 80.000 máscaras ao Sergas

Destina 900.000 euros a apoiar investigacións para o desenvolvemento dunha vacina contra o Covid-19
Material donado por Ferrovial. EP
photo_camera Material doado por Ferrovial. EP

Ferrovial destinou, a través do seu fondo Ferrovial Xuntos Covid-19 preto de 3,16 millóns de euros ao ámbito médico. Estes recursos permitiron a adquisición de 80.000 máscaras FFP2, valoradas en 200.000 euros, que doou ao Servizo Galego de Saúde. 

A compañía dedicou un millón de euros a través de Cáritas a apoiar a familias, persoas maiores e sen fogar en distintas cidades de España, entre as que se atopa Santiago de Compostela. E mediante outra partida, de 250.000 euros, World Vision está a asistir distintos comedores sociais na capital galega e outros puntos do país. 

Estas iniciativas enmárcanse na doazón de 7,22 millóns de euros aprobada por Ferrovial e levada a cabo a través do fondo Ferrovial Xuntos Covid-19” a entidades que loitan contra a pandemia desde o ámbito social, sanitario e da investigación en España, Reino Unido, Estados Unidos, Chile e Portugal. Esta cantidade representa o total de axuda distribuída ata a data, que inclúe a comunicada o pasado 8 de maio. Estas axudas alcanzan a ao redor dunhas 90.000 persoas e permiten a distribución de 1.350.00 comidas.

O resto dos fondos destinados ao ámbito médico utilizáronse para comprar outras 720.000 máscaras FFP2, 90.000 tests de diagnóstico, 90 respiradores, ademais doutro material sanitario ou equipos de protección individual, que se doarán a distintas comunidades autónomas entre as que se atopan Madrid, Castela-A Mancha, Andalucía, Cataluña, Cantabria e Canarias. Parte desta contribución distribuirase tamén noutros países nos que a compañía está presente como Reino Unido, Chile ou Portugal

Ferrovial tamén doou 500.000 euros á Universidade de Oxford, que está a levar a cabo un dos proxectos máis avanzados no desenvolvemento dunha vacina. Tamén destinou outros 250.000 euros para os dous proxectos de vacinas do Centro Nacional de Biotecnoloxía, que forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e 150.000 a Baylor College of Medicine, de Texas, Estados Unidos, que traballa no desenvolvemento dunha vacina para modificar as proteínas do virus.

Comentarios