Prisión para a filla da muller achada morta na Coruña ao ir a desafiuzala

A muller entregouse este luns en Málaga

El piso donde residían madre e hija, ubicado en la calle Perú de A Coruña, y de donde las iban a desalojar. PARDELLAS  LA OPINIÓN
photo_camera O piso onde residían nai e filla PARDELLAS / A OPINIÓN

A muller, veciña da Coruña, á que a Policía Nacional buscaba como suposta autora da morte da súa nai, no piso no que residían na cidade herculina, ingresou en prisión, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía. 

En concreto, foi detida tras entregarse o luns en Málaga. Posteriormente, o Xulgado de Instrución número 9 desta cidade, en funcións de garda, acordou o martes o ingreso en prisión provisional da muller, detida en relación co presunto crime da súa nai. 

Tras tomar esta decisión, inhibiuse a favor do Xulgado de Instrución número un da Coruña que investiga estes feitos. A causa foi, ademais, declarada secreta. 

A procura da muller iniciouse despois de que a comitiva xudicial que o pasado 25 de marzo se dispuña a executar o desafiuzamento de nai e filla por falta de pagamento de aluguer, no número 15 da rúa Perú, atopase o cadáver da septuaxenaria. 

Desde entón, iniciouse a procura da filla da falecida, de 41 anos, que deixou unha nota escrita na que, supostamente, deixaba entrever que axudaría a morrer á súa nai. O resultado preliminar da autopsia confirmou, posteriormente, a morte por asfixia da muller. 

Tras estes feitos, a Policía iniciou unha procura en distintas localidades, entre elas Narón, onde a familia residira, aínda que sen éxito ata a entrega este pasado luns da muller. 

Comentarios