Hijos de Rivera presenta o Vermut Rivera, o novo produto da firma

A bebida conta cun aroma complexo en botánicos e un fondo elegantemente amargo polo lúpulo cascade

El nuevo vermut Rivera. EP
photo_camera O novo Vermut Rivera. EP

A Tita Rivera, o renovado local que acaba de reinaugurar Hijos de Rivera en pleno centro de Vigo, foi escenario este mércores da posta de longo do Vermut Rivera, o novo produto que se incorpora á oferta da compañía e que chega con intención de sorprender os afeccionados a esta bebida polos seus matices propios. 

A variedade de lúpulo cascade, do que a empresa impulsou o seu cultivo por primeira vez no noso país, é a marca diferencial deste produto que foi concibido polo laboratorio de innovación de Custom Drinks en Chantada. 

O resultado final, logo de dous anos de traballo, é un vermut cun sabor e aroma complexo en botánicos (artemisa, lirio de Florencia ou herba de San Xoán entre outras) e un toque que o fai diferente polo seu fondo elegantemente amargo, marcado polo emprego de lúpulo da variedade cascade, cultivado pola compañía en Galicia. 

O produto preséntase en botella de 75 centilitros cunha imaxe clásica e retro que ademais busca reforzar valores de sustentabilidade, fomentando a súa reutilización grazas á chapa de apertura mediante tapón mecánico, que permite volver usar o envase unha vez consumido o produto. Ademais, preséntase en formato de billa para o seu servizo en barra en hostalería.

Comentarios