Finaliza sen éxito o cuarto día de procura da moza desaparecida na Coruña

A procura centrouse nesta xornada na Fuchiqueira, unha gruta entre a praia do Matadoiro e a Casa dos Peixes

Continúan as labores de búsqueda da moza arrastrada polo mar na Coruña. CABALAR (EFE)
photo_camera Procura da moza. CABALAR (EFE)

O operativo de rescate que busca a Andrea Domínguez, a moza de 22 anos desaparecida a madrugada do 30 de marzo nas augas do Orzán, deu por finalizada sen éxito a cuarta xornada de procura.

Durante este martes participaron integrantes de Salvamento Marítimo, Protección Civil, Bombeiros, o Grupo de Salvamento Marítimo de Actividades Subacuáticas da Garda Civil GEAS, Cruz Vermella e o Helimer Galicia.

A procura centrouse nesta xornada na Fuchiqueira, unha gruta de aproximadamente 30 metros de profundidade comprendida entre a praia do Matadoiro e a Casa dos Peixes, pero a escasa visibilidade debido ao mar de fondo non facilitou os traballos, sinalou a concelleira de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga.

Aínda que este martes está prevista a alerta laranxa no litoral, e non será ata primeira hora cando se valoren as circunstancias para tomar unha decisión sobre se continuar ou non a procura, as previsións apuntan a que o rastrexo por mar terá que suspenderse, non así o terrestre, tal e como sinalou a concelleira de Participación Cidadá.

Este martes a partir das 12 do mediodía os accesos aos areais coruñeses quedarán pechados xa que a alerta laranxa activarase ao redor das 14.00 horas.