A Fiscalía pide 12 anos para o millonario portugués acusado de intentar matar á súa muller en Vigo

O ministerio público atribúelle un delito de tentativa de homicidio coa agravante de parentesco

 

El millonario de Vigo acusado de intentar matar a su mujer en un hotel de Vigo. AEP
photo_camera O millonario de Vigo acusado de intentar matar á súa muller nun hotel de Vigo. AEP

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para o millonario portugués acusado de agredir á súa esposa nun hotel de Vigo en maio de 2016 cunha maza de canteiro. O ministerio público atribúelle un delito de tentativa de homicidio coa agravante de parentesco, pero el declarou no seu día que a súa muller o atacara e que actuou en defensa propia.

Presuntamente, Carlos Inácio Pinto atacou a Eliza G.P., unha modelo romanesa de 27 anos, por detrás cando se atopaba no baño do establecemento hostaleiro. A xuíza ordenou para el prisión preventiva e permanece recluído desde que ocorreron os feitos. Agora, segundo recolle a TVG, estase á espera de que a acusación particular e a defensa presenten os seus respectivos escritos para pór data para a vista oral, que se celebrará na Audiencia Provincial de Pontevedra.  

Comentarios