A Fiscalía ve necesario un incremento dos radares urbanos en Galicia

Asegura que "a velocidade está presente en case o 30 % dos accidentes"
Radar fixo nunha estrada galega. PEPE TEJERO
photo_camera Radar fixo nunha estrada galega. PEPE TEJERO

A Fiscalía incrementará o seu compromiso co "control da velocidade nas vías urbanas", pois considera necesario "que as policías locais teñan máis radares", dado que os delitos de exceso de velocidade están "en íntima relación" co número existente destes dispositivos.

Así o informou este xoves o fiscal de sala coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomeu Vargas, tras reunirse co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e responsables de Tráfico da comunidade autónoma no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.Bartolomeu Vargas, Fernando Suanzes, e responsables de Tráfico de Galicia. EFE

Nunha rolda de prensa tras o encontro, Vargas apuntou que "a estratexia de radares é esencial na estrada e é case aínda máis esencial no ámbito urbano", pois afirmou que "a velocidade está presente en case o 30 % dos accidentes".

Por iso, a Fiscalía "vai examinar a posibilidade dun compromiso nesta materia solicitando información sobre os números de radares cos que contan as policías". 

Comentarios