Fito a fito: 30 anos de Galicia no ciberespazo

La web de El Progreso se estrenó en 2000. ARCHIVO
photo_camera La web de El Progreso se estrenó en 2000. ARCHIVO
1993. A supercomputadora VP2400
Primeira supercomputadora de CESGA
O Cesga, impulsado pola Xunta e o CSIC, inaugurouse en maio de 1993 cun flamante supercomputador vectorial, o VP2400, como xoia da coroa. A primeira conexión á rede desde Galicia produciuse desde alí uns meses antes durante o período de probas.A Facultade de Informática da Coruña, outro fito para o sector, tamén se estreou ese ano.

 

1994. A prehistoria das webs
Unha das primeiras webs creadas en España foi sobre cans. ARQUIVO
As webs pioneiras de Galicia apareceron en 1993 no ámbito académico e a primeira en galego xurdiu en 1994. Foi obra dun filólogo de Coristanco desde unha universidade de Gales. O primeiro dominio.es foi CRTVG.es en febreiro do 93, e seguíronlle Cesga.es, USC.es, UDC.es. e Xunta.es. Unha das primeiras webs de España estaba dedicada ao mundo canino.

 

2000. Un efecto á inversa
A web do Progreso estreouse en 2000. ARQUIVO
Non houbo efecto 2000. En Galicia existía un pequeno universo cibernético ata a explosión da web 2.0, a dos blogues e as redes sociais. É dicir, a do usuario construíndo a rede. Blogomillo e a Galipedia xurdiron en 2003. Os medios xeneralistas tamén se lanzaron ao novo mundo. El Progreso (na imaxe) estreou a súa versión dixital no ano 2000.

 

2001-2008. A eclosión do TIC
Instalacións de Dinahosting en Santiago. CEDIDA
A aparición de R en 1998 foi clave. En 2001 chegou outro caso paradigmático: Dinahosting, especializada en aloxamento web. "Dous mozos saídos dun ciclo de informática instaláronse nun piso de Santiago e empezaron a montar webs", explica Lucía González, o seu responsable de Comunicación. [Le aquí a entrevista completa] A Navalla Suíza (2008), dedicada ao deseño de proxectos web, é outro referente.

 

2014. Galicia ten casa propia: .gal
Feijóo, na presentación do dominio .GAL
O 25 de xullo de 2014 estreouse o dominio .gal, unha vella reivindicación que xa tomara forma en 2006 a través da Asociación PuntoGAL. "É un día histórico, izamos a bandeira de Galicia na rede", proclamou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Foron 35 administracións públicas, 15 empresas e 43 asociacións as primeiras en estrear o .gal.

 

Futuro. O desembarco do 5G
Aplicación para controlar o ordeño de vacas, en Pacio, Friol. ARQUIVO
Desde o lecer ata o funcionamento das cidades van depender da comunicación dixital. O Plan Galicia 5G da Xunta xa busca aplicar o Smart Farming. Son as TIC ao servizo da agricultura e a gandería. Internet das cousas, big data, blockchain ou intelixencia artifical son outros campos nos que se avanzará. E a UDC xa impulsa a Cidade das TIC na Coruña.

Comentarios