Fomento abrirá o tramo Arzúa-Lavacolla da A-54 o vindeiro venres

Só quedarán en execución os tramos entre Arzúa e Palas de Rei

Un tramo de la A-54. EP
photo_camera Un tramo da A-54. EP

O tramo da A-54 entre Arzúa e o aeroporto de Lavacolla abrirá o vindeiro venres día 24, co que só quedarían pendentes os que unen a localidade arzuá coa lucense de Palas de Rei para completar a autovía Santiago-Lugo.

Segundo informa El Correo Gallego, a inauguración de traxecto, de 18,5 quilómetros de lonxitude, permitirá unha redución de 15 minutos, con respecto ao percorrido pola N-547. 

O Ministerio de Fomento apura os traballos para abrir o tramo, cuxo orzamento é de 138 millóns.

Comentarios