Fomento detén as obras de Rande en Semana Santa para habilitar os seis carrís

Os traballos suspéndense desde este venres ata o luns 2 de abril

Puente de Rande. RAFA FARIÑA
photo_camera Puente de Rande. RAFA FARIÑA

O Ministerio de Fomento suspenderá durante Semana Santa as actuais restricións ao tráfico na autoestrada AP-9 á altura da Ponte de Rande, para o que se paralizarán as obras desde as 13.00 horas deste venres ata o luns 2 de abril. 

Segundo informou Fomento, esta pausa xa estaba prevista na programación dos traballos das obras de ampliación da ponte e de renovación do firme na autoestrada, e permitirá a utilización dos seis carrís durante esta ponte. 

Unha vez que finalice a operación especial de tráfico con motivo de Semana Santa, renovaranse as restricións de circulación para finalizar os traballos, co obxectivo de que poidan terminar antes da época estival. 

Comentarios