sábado. 31.10.2020 |
El tiempo
sábado. 31.10.2020
El tiempo

Os forenses atribúen a unha hemorraxia e un traumatismo a morte de Oleiros en Noitevella

O hotel de Oleiros no que se produciu a pelexa. CABALAR
O hotel de Oleiros no que se produciu a pelexa. CABALAR

A autopsia ao corpo do home que morreu en Oleiros tras unha pelexa nunha festa da pasada Noitevella determinou que a causa fundamental do falecemento foi "un traumatismo craneofacial" e a inmediata, "unha hemorraxia subdural", segundo informaron fontes próximas ao caso.

O informe forense, realizado no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), "non é demasiado explicito", asegura a mesma fonte, pois non aclara se o falecemento se produciu polo golpe que recibiu na cabeza cun cinceiro ou polo impacto na caluga ao caer ao chan. A hemorraxia subdural é un sangrado nunha das meninxes e provoca hematomas.

Na autopsia detectouse un hematoma e unha ferida incisa de dous centímetros, segundo precisaron as fontes consultadas, que sinalaron que se trata dun informe preliminar. En relación a este caso, faltan por saber os resultados das analíticas enviadas ao Instituto Nacional de Toxicoloxía de Madrid. 

Un mozo de 27 anos veciño da Coruña permanece en prisión provisional sen fianza por este caso, como suposto responsable dun delito de homicidio ao considerarse que el golpeara a vítima cun cinceiro metálico na cabeza.

Outro home, de 33 anos, que tamén fora detido, atópase en liberdade con comparecencias quincenais, e está investigado por un delito de lesións. 

Os forenses atribúen a unha hemorraxia e un traumatismo a morte de...
comentarios