Unha fronte baixará 10 graos as máximas e deixará choivas o sábado en case toda Galicia

A pesar disto o anticiclón regresa o luns, con máis tempo asollado e caloroso

Previsión para el sábado. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para o sábado. METEOGALICIA

O clima estable, con ceos despexados marca este comezo de outubro, logo dun setembro tamén moi seco e asollado. Con todo, aqueles que están a ansiar a choiva terán unha pequena alegría este sábado, cando se produzan precipitacións en case toda Galicia, aínda que non serán moi abundantes, debido á entrada dunha fronte fría, que tamén fará baixar ata 10 graos os valores máximos que se están vivindo estes días.

"Tanto o modelo americano como o europeo de predición non converxen en canto á hora de entrada d fronte. Pero o modelo americano da chuvia para ousábado e para o domingo. Será pouca chuvia que afectará sobre todo á metade norte, de Galicia e á fachada atlántica. Deixaría un pouco á marxe o sueste de Ourense. Niso os modelos coinciden. O que pasa é que o modelo europeo adianta á chuvia á mañá do sábado e deixa o domingo nunha situación anticiclónica", explicou o experto de Meteogalicia Carlos Otero.

No entanto, Otero asegura que hai que esperar ata a xornada deste xoves para lograr un prognóstico máis afinado: "Quedan poucos días pero a situación é bastante variable porque os modelos metereolóxicos non coinciden nos resultados".

Os ventos soprarán este xoves frouxos de compoñente Esre, con réxime de brisas nas Rías Baixas. Temperaturas sen cambios

 

Aínda que xa se bautizou a este caloroso estado climático como veroño, Otero afirma que o que se está vivindo é unha situación "completamente normal para esta época do ano". "O que pasa é que hai un gran contraste entre o día e a noite", sinalou.

Destaca así esa amplitude da variación térmica no termómetro. "Estamos tendo noites moi frías con moitos puntos en Galicia por debaixo dous cinco graos, e logo de día supéranse os 30", explica.

Por exemplo, o martes en Ordes rexistráronse mínimas de 3,4 graos e máximas de 30. En Pontevedra para este xoves espérase unha temperatura máxima de 29 graos e 15 de mínima.

"En Santiago de Compostela tamén superáronse os 30", agregou Otero.

A pesar das precipitacións que se esperan para o fin de semana, o anticiclón regresa a Galicia o luns, con máis tempo asollado e caloroso.

HURACÁN LESLIE. Será así polo menos durante tres días. "Xa estamos vendo no Atlántico restos do furacán Leslie que poderían afectar a Galicia, aínda que aínda é moi cedo para facer un prognóstico a tan longo prazo. Hai moita incertidume", subliña cauteloso o experto de Meteogalicia.

Comentarios