Unha fuga nunha mangueira causa unha vertedura na zona na que encallou o Blue Star

Os 10 litros de combustible derramados xa foron limpados
Os traballos de bombeo a terra do combustible almacenado no Blue Star comezaron este sábado. KIKO DELGADO (EFE)
photo_camera Os traballos de bombeo a terra do combustible almacenado no Blue Star comezaron este sábado. KIKO DELGADO (EFE)

Unha fuga nunha mangueira causou este luns unha vertedura duns 10 litros de combustible procedente do Blue Star, que cumpre nesta xornada dez días encallado en Ares (A Coruña), informaron a Efe fontes do dispositivo.

O incidente obrigou a despregar material absorbente e a mobilizar a tres embarcacións, concretaron as mesmas fontes, que descartaron que sexa preciso instalar barreiras anticontaminación na contorna litoral das Mirandas, onde encallou o buque, polo reducido alcance da carga vertida.

O suceso sobreveu en plena recta final da extracción das máis de 100 toneladas que almacenaba para autoconsumo o quimiqueiro con pavillón de Malta.

A Delegación do Goberno en Galicia indicou que, tras a retirada da maior parte da carga de fuel e gasóleo, procédese a extraer as toneladas que permanecen nun estado máis denso, o que engade dificultade para o seu bombeo aos camións cisterna en terra.