A Fundación Amancio Ortega ofrece 600 novas bolsas para EEUU e Canadá

Están dirixidas a estudantes de 4º da ESO de centros educativos de España
Amancio Ortega, en una foto en el año 2016. AEP
photo_camera Amancio Ortega. AEP

A Fundación Amancio Ortega abriu o prazo de inscrición na nova edición do seu Programa de Bolsas, dirixido a estudantes de 4º da ESO de centros educativos de España. 

Os interesados poden participar no proceso de selección para obter unha das 600 bolsas ata o 30 de outubro a través da páxina web www.becas.faortega.org 

Desde a apertura da convocatoria o 23 de setembro rexistráronse xa máis de 2.800 solicitudes, informa un comunicado. 

Os requisitos académicos do Programa son unha nota media mínima de 7 en 3º da ESO e unha nota mínima de 7 na materia de inglés. 

Todos os solicitantes que os cumpran serán convocados a realizar unha proba de inglés que deberán superar para continuar no proceso de selección. A renda familiar de cada participante é tamén un elemento fundamental na valoración de cada solicitude. 

Este programa da Fundación Amancio Ortega, cun orzamento anual de 12 millóns de euros, cobre aos seus beneficiarios o 100% do custo dun ano escolar en Canadá ou Estados Unidos: aloxamento e manutención nunha familia local de acollida, escolarización, viaxe, seguro médico e de accidentes, formación previa ao comezo do curso e seguimento durante os dez meses de estancia no estranxeiro. 

Coas 600 novas bolsas do seu décimo primeira edición, serán xa máis de 3.500 participantes no programa desde a súa posta en marcha. 

Toda a información sobre o Programa de Bolsas está na páxina web www.becas.faortega.org. Os candidatos dispoñen ademais do correo de atención [email protected] e do teléfono gratuíto 900 103 651 para resolución de dúbidas. 

Comentarios