A funeraria galega que coordinou a exhumación de Franco nega represalias

A empresa fúnebre de Becerreá sae ao paso da falsa noticia de que estaba custodiada pola Garda Civil por unha ameaza de bomba
Asdrúbal, al fondo, junto al féretro de Franco. JAVIER LIZÓN
photo_camera Asdrúbal, al fondo, junto al féretro de Franco. JAVIER LIZÓN

Catro días despois, as informacións sobre a exhumación de Franco seguen sendo difusas e un tanto adulteradas. Cos restos do ditador en Mingorrubio, o foco centrouse nas posibles represalias aos traballadores.

O dono da funeraria Alba (Becerreá), Asdrúbal Humberto Sepúlveda de Giudice —que coordinou os labores de exhumación— asegura que non recibiu ningún "tipo de ameaza", e desmente así unha noticia de La Razón, que afirmaba que a funeraria lucense estivo custodiada pola Garda Civil por ameaza de bomba. Si é certo que varios axentes protexeron o exterior da súa empresa fúnebre por posibles danos, despois de que os marmolistas que se encargaron do levantamento da laxa baixo a que estaba o féretro do ditador sufrisen pintadas na súa fachada. "Pero nada de bombas", remarca.

"Non fixen nada a ninguén, só fixen o meu traballo", contaba este dominicano, que di vivir con tranquilidade os días posteriores á exhumación de Franco. "Foi un traballo máis", puntualizaba.

Humberto Sepúlveda si quixo mencionar algunhas chamadas que recibiu estes días nas que —"con moita educación", di— preguntábanlle por que fixera algo así, en referencia á exhumación.

Ao dono da funeraria Alba púidoselle ver o pasado xoves baixar a escalinata do Val dos Caídos e camiñar cara ao coche fúnebre. Cando o Franco chegaron ata o vehículo, xa foron Humberto Sepúlveda e os seus operarios os que introduciron o féretro no vehículoque levouno ao helicóptero das Forzas Armadas. Nesa nave chegaron os restos do ditador ao cemiterio de Mingorrubio. Sepúlveda foi quen decidiu envolver o ataúde nunha funda para darlle outra aparencia ante o mal estado no que se atopaba.

Comentarios