sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

A galega Miriam Rodríguez será a quinta coach no regreso de 'La Voz'

Miriam Rodríguez xa participou como asesora de Pablo López nunha edición anterior de La Voz. ARQUIVO
Miriam Rodríguez xa participou como asesora de Pablo López nunha edición anterior de La Voz. ARQUIVO
A eumesa de raíces lucenses formará o seu equipo con concursantes descartados por Alejandro Sanz, Laura Pausini, Pablo López e Antonio Orozco

Os catro coaches da Voz. ATRESMEDIAA segunda edición de La Voz aterra en Antena 3 dando máis poder ao voto da audiencia nos directos e incorporando un quinto coach, a galega de raíces lucenses Miriam Rodríguez, que formará o seu equipo con concursantes eliminados nas audicións a cegas e os asaltos.

Coa intención de involucrar máis aos espectadores e dar máis emoción e competitividade ao formato, a fase final da nova tempada de La Voz España, que aínda non ten data do trinque, seguirá a liña da versión americana dando máis peso ao voto da audiencia. Mentres que os catro coaches —Alejandro Sanz, Laura Pausini, Pablo López e Antonio Orozco—, quen xa asumiron dito papel en edicións pasadas do talent musical, terán a última palabra durante as audicións a cegas así como nos asaltos e a batalla final, a última fase do concurso quedará en mans da audiencia, que "votará por concursante e non por equipo", segundo explican desde Antena 3.

Deste xeito, como sucede no formato americano, podería ocorrer que, en función dos votos do público e as consecuentes eliminacións da fase de directos, algún coach chegue á Gran Final sen ningún representante e convértase en mero espectador do duelo.

Os coaches Alejandro Sanz, Laura Pausini, Pablo López e Antonio Orozco poderán chegar á final sen ningún participante entre as súas filas

MIRIAM RODRÍGUEZ, O QUINTO COACH VIRTUAL. A outra novidade con respecto a edicións anteriores é a incorporación dun quinto coach, que neste caso será a extriunfita Miriam Rodríguez. A cantante eumesa de orixe lucense (a súa familia materna é da Terra Chá) fará a súa función de orientadora e desenvolverá o seu concurso de xeito paralelo, e a través de Atresplayer Premium, repescando os concursantes previamente descartados nas fases iniciais polos catro coaches.

Co formato internacional de novo como referencia, esta nova fase, denominada Comeback Stage (O Regreso), basearase en pequenos duelos de aspirantes xa eliminados entre os que Miriam elixirá a dous representantes para incorporarse á fase final do programa.

Unha fase, en directo, na que a coach participará cos seus dous finalistas en igualdade de condicións que o resto de mentores, polo que tamén poderá ser a gañadora desta nova entrega de La Voz.

EVA GONZÁLEZ, MESTRA DE CERIMONIAS. Quen si repetirá nesta segunda edición será Eva González. A presentadora vólvese a pór á fronte do concurso con ilusión e "máis tranquila" que na súa estrea na primeira tempada.

Antonio Orozco e Pablo López —este último gañador da última edición xunto a Andrés Martín— repiten nas cadeiras xiratorias de Antena 3 mentres que Alejandro Sanz e Laura Pausini estréanse na cadea logo de participar na versión do talent de Telecinco. Ambos coincidiron na tempada 3, en 2015, e só Alejandro Sanz repetiu en 2016.

Será nos asaltos cando os orientadores conten coa axuda dos seus respectivos asesores. Mala Rodríguez unirase ás filas de Antonio Orozco, Carlos Rivera axudará a Laura Pausini, Tini será a asesora de Alejandro Sanz e Sebastián Yatra acompañará a Pablo López. 

A galega Miriam Rodríguez será a quinta coach no regreso de 'La Voz'
comentarios