Un galego consegue o primeiro posto do MIR 2019

Ademais, outros dous entran no 'top ten' na proba de Farmacia

José Manuel Busto Leis, en una foto subida a las redes sociales. FACEBOOK
photo_camera José Manuel Busto Leis, nunha foto subida ás redes sociais. FACEBOOK

O egresado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Busto Leis, orixinario do municipio pontevedrés de Barro alcanzou o posto número un no exame MIR –Medicina– 2019, segundo os resultados provisionais que publica este luns o Goberno.

Na proba, segundo informou a USC, Busto Leis acertou 201 respostas e fallou 24, obtendo unha puntuación de 93,1034, que cun baremo de 3,3654 fai un total de 101,9231.

Como informa o portal ConSalud.es, o mozo pontevedrés –que se atopa nestes momentos de vacacións en Xapón– inclínase por Dermatoloxía, aínda que tamén ten un alto interese por Pediatría.

Ademais, na convocatoria do FIR –Farmacia– 2019, a USC conta nos dez primeiros postos con dous egresados. Concretamente, o cambadés Manuel Busto Igrexas quedou en cuarta posición, mentres que o pontevedrés Alejandro Martínez Pradeda conseguiu o oitavo posto. 

Os resultados serán provisionais ata o próximo 21 de marzo, cando se coñecerán os datos definitivos. Xa o 22 de abril celebrarase o acto de asignación de praza de médico interno residente de cada unha das convocatorias.

Comentarios