As oficinas técnicas da seca das dúas demarcacións da comunidade, a de Galicia-Costa e a do Miño-Sil, propuxeron pasar a situación de normalidade hidrográfica de forma que se abandona a prealerta por seca tras as choivas dos últimos meses.
Deste xeito, os técnicos constatan a recuperación do caudal basee dos ríos galegos debido á intensidade de choivas neste 2018, mentres os encoros atópanse en niveis por encima da media dos últimos anos.
Tras decretarse a prealerta en xaneiro de 2017, a situación chegou ao seu momento máis crítico a finais de ano, con toda Galicia en alerta por seca. A partir dese mes comezaron a pasar borrascas pola Comunidade, que incrementaron os recursos por todo o territorio, e dunha volta á prealerta finalmente recupérase a normalidade.