jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Galicia arrinca a semana con sol... e con nordés

Previsión de Meteogalicia para este luns
Previsión de Meteogalicia para este luns

Galicia continuará este luns baixo influencia anticiclónica e con circulación do nordés. Así, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes baixas ao norte. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas continuarán sen cambios significativos. 

O vento soprará do nordés moderado, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 15° 23° Ferrol 14° 23° Lugo 13° 22° Ourense 16° 31° Pontevedra 17° 31° Santiago 15° 23° Vigo 17° 30°

Galicia arrinca a semana con sol... e con nordés
comentarios