Galicia combina este martes temperaturas de ata 32 graos e tormentas

Mapa con las previsiones de Meteogalicia. EP
photo_camera Mapa coas previsións de Meteogalicia. EP

temperaturasGalicia vivirá este martes unha xornada de inestabilidade, marcada polas altas temperaturas e a choiva. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) advirte de que haberá tormentas, máis frecuentes e intensas en zonas de montaña e pouco probables no litoral, e que estas poderían ser localmente fortes e ir acompañadas de saraiba.

 E é que, aínda que a xornada arrincará cos ceos practicamente despexados —excepto na Mariña, onde se esperan brumas e bancos de néboa matinais—, as nubes irán aumentando a súa presenza co paso das horas e durante a tarde descargarán auga en case toda a comunidade, especialmente nas zonas de interior. O norte das provincias da Coruña e Lugo, segundo as previsións da Meteogalicia, podería librarse das precipitacións.

En canto ás temperaturas, non haberá cambios significativos e seguirá a calor. De cumprirse os prognósticos do instituto galego de meteoroloxía, en Pontevedra, Vigo ou Compostela os termómetros roldarán os 30 graos (prevense 29 de máxima), que se alcanzarán en Lugo e superaranse en Ourense (32). En canto aos valores mínimos, situaranse entre os 16 e os 17 graos nas sete grandes urbes galegas.

Comentarios