Galicia, entre as comunidades con máis compromisarios no congreso nacional do PP

Terá un total de 279 delegados electos e 48 natos

Galicia será a cuarta comunidade autónoma con máis delegados no congreso nacional do Partido Popular, cun total de 279 compromisarios electos e 48 natos, segundo informou o PPdeG nun comunicado.

Por provincias, Pontevedra conta con 84 compromisarios —dous deles de Novas Xeracións (NN XX)—, A Coruña con 78 —dous de NN XX—-, Ourense con 73 —un deles de NN XX.— e Lugo con 44 —un deles de NN XX—.

Á súa vez, cada sede provincial asignará aos representantes correspondentes de cada concello nos comités locais que se celebrarán a partir deste martes e nos próximos días. 

Ademais dos electos, entre os compromisarios natos figuran os catro presidentes provinciais, o presidente do Parlamento de Galicia, os alcaldes das capitais de provincia e todos os integrantes do comité executivo nacional, así como senadores, deputados do Congreso e eurodiputados.

O congreso nacional do Partido Popular terá lugar os días 20 e 21 de xullo en Madrid e servirá, segundo o PPdeG, "como punto de partida para un proceso de renovación interna da formación onde a militancia terá un papel fundamental, xa que será a encargada de escoller ao novo presidente do PP".

Trátase do primeiro congreso no que os militantes terán voto directo sobre os aspirantes a presidir o partido.

Comentarios