Galicia detecta menos de 300 positivos novos pero seguen crecendo os casos activos 

Por áreas sanitarias, a que ten unha maior cifra de pacientes covid hospitalizados é A Coruña-Cee
Una sanitaria realiza una prueba PCR. EFE
photo_camera Una sanitaria realiza una prueba PCR. EFE

Galicia detectou menos de 300 novos positivos de covid-19 confirmados por PCR na última xornada, na que, no entanto, continuaron crecendo tanto os casos activos como a presión hospitalaria na comunidade. 

En concreto, segundo os datos publicados na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do luns, en Galicia detectáronse en 24 horas 298 casos por PCR, 124 menos que o día anterior. A cifra de PCR realizadas tamén diminuíu, ata as 4.209 (896 menos) e a taxa de positividade caeu ao 7,3%. 

No entanto, a presión hospitalaria de pacientes covid continuou crecendo e xa son 398 os ingresados (+10), dos que 56 están na Uci (+2). 

Por áreas sanitarias, a que ten unha maior cifra de pacientes covid hospitalizados é A Coruña-Cee, con 98 (-4), dos que 17 están na Uci (-2). A continuación sitúase Santiago-Barbanza, onde os enfermos que requiren hospitalización aumentaron en sete, ata 93, 13 en coidados intensivos (+1). 

Na área de Vigo, pola súa banda, hai 61 pacientes covid en hospital (-1) e 12 en Uci (-1), mentres que en Ferrol son xa 51 (+5), dos que un require coidados intensivos. Pontevedra-O Salnés mantén a 48 enfermos en hospital (+1), e a presión en UCI creceu en tres pacientes, até os 11. 

Finalmente, a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco ten xa 30 hospitalizados (+2), dous en coidados intensivos (-1) e Lugo-A Mariña-Monforte non variou as cifras, con 17 pacientes en hospital e ningún en UCI.

CASOS ACTIVOS E POSITIVOS. En canto aos casos activos, no conxunto de Galicia incrementáronse, unha xornada máis, ata os 5.991, 86 máis que os datos do día anterior. 

Por áreas, a de Santiago-Barbanza continúa sendo a que ten maior cifra de casos activos, 1.336, nove máis que hai 24 horas; seguida da da Coruña, con 1.224, 31 máis. Vigo, onde os casos activos diminuíron en 21, sitúase en 1.113. 

No resto de áreas sanitarias tamén se experimenta un repunte: Lugo-A Mariña-Monforte é a que máis sobe, 24 casos, e sitúase en 531; Pontevedra suma 20, ata os 751; e Ourense engade 18, ata os 688. Na área de Ferrol hai 348 casos covid activos, cinco máis. 

En canto aos positivos, a área que detectou un maior número de novos casos é, unha xornada máis, A Coruña-Cee, con 71, aínda que son 32 menos que o día anterior. En Ourense, pola súa banda, rexistráronse 52 novos casos, 29 menos que 24 horas antes. 

A continuación, Lugo detectou 46 PCR positivas en 24 horas (-11) e Pontevedra 40 (-16). No caso de Santiago-Barbanza, baixaron en 6, até os 37 casos e en Vigo foron 29 (+1). Finalmente, a área de Ferrol detectou 23 PCR positivas nunha xornada (-31).

ALTAS E CASOS. En Galicia rexistráronse até o momento 65.066 casos de coronavirus, dos que 57.660 xa recibiron a alta, 259 nas últimas 24 horas. 

En total, a comunidade fixo, desde o inicio da pandemia, 1.137.651 PCR, 4.209 delas na última xornada. En total, faleceron 1.421 persoas, sete no último parte de vítimas comunicado pola Consellería de Sanidade. 

Comentarios