domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

Galicia detecta outros 461 positivos por Covid, 111 deles en Vigo e 78 en Santiago

Un sanitario efectúa un test do coronavirus. ROB ENGELAAR (Efe)
Un sanitario efectúa un test do coronavirus. ROB ENGELAAR (Efe)

Os positivos por Covid-19 detectados en Galicia nas últimas 24 horas por PCR volveron a repuntar tras sumar outros 461 -o que supón 20 máis que a xornada anterior-, deles 111 corresponden á área sanitaria de Vigo e 78 á de Santiago e Barbanza.

Así se reflicte nos datos publicados na mañá deste xoves na web do Sergas con rexistros até as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, nos que se indica que en Ourense houbo 76 novos positivos por PCR confirmada nas últimas 24 horas; 65 na área da Coruña e Cee; 50 na de Pontevedra e O Salnés; 46 na de Lugo e 35 na de Ferrol.

Os casos activos tamén se incrementaron até os 5.675, o que supón 218 máis con respecto aos datos deste mércores. En concreto, soben en todas as áreas sanitarias salvo na de Ourense, onde volven descender lixeiramente en cinco e sitúanse en 1.489.

Mentres, o maior incremento de casos activos corresponde á área de Vigo, con 95 máis até os 995; seguida de Santiago, cunha subida de 40 até os 891; 32 máis en Ferrol, que conta con 283; 26 na de Pontevedra e O Salnés que se sitúa en 564; outros 24 máis na de Lugo até os 542; e seis na da Coruña e Cee, que ten 911.

En Galicia curáronse até o momento 24.255 persoas, o que supón 243 máis que as rexistradas até este mércores. E realizáronse un total de 609.516 PCR e 391.246 probas serolóxicas.

VÍTIMAS
Até a data faleceron en Galicia 847 persoas. As últimas 11 vítimas foron notificadas na tarde deste mércores, seis delas procedentes da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense).

En concreto, as últimas falecidos foron unha muller de 87 anos ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña, unha muller de 85 ingresada no Complexo Hospitalario de Ferrol e unha muller de 88 anos ingresada no Clínico de Santiago.

Así mesmo, morreron unha muller de 77 anos e un home de 94 que se atopaban ingresados no Hospital de Verín (Ourense) e tres mulleres -de 99, 90 e 82 anos- que estaban no Complexo Hospitalario de Ourense. O tres últimas vítimas procedían da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar.

A maiores, nesta mesma residencia ourensá rexistráronse tres novos falecementos, os de dúas mulleres de 92 e 87 anos e o dun home de 89 anos.

Este número de vítimas -11 nunha xornada- é dos máis altos que comunicou Galicia en nova normalidade. En concreto, o pasado 13 de outubro, hai pouco máis dunha semana, Sanidade tamén comunicou 11 falecidos, a cifra máis alta rexistrada na Comunidade desde o 26 de abril, cando morreron 15 persoas en relación á covid-19.

Galicia detecta outros 461 positivos por Covid, 111 deles en Vigo e...
comentarios