Galicia encara os últimos días do ano con tempo seco e sol

Una mujer intenta refrescarse con un abanico en Ourense
photo_camera Una muller refrescándose.

Galicia continúa baixo o influxo das altas presións, o que deixará unha xornada de luns, penúltimo día do ano, con ceos pouco nubrados ou despexados, segundo a predición de Meteogalicia. 

Poderá haber néboas durante a mañá en puntos do interior e cara ás últimas horas do día irán entrando nubes baixas polo litoral da Coruña e nubes altas no resto da Comunidade.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, polo que seguirán as xeadas en puntos do interior, mentres que as máximas terán un lixeiro descenso. 

Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.
       
Temperaturas mínimas e máximas previstas para este luns en Galicia: 
       A Coruña 11° 17°    Ferrol 4° 18°            Lugo 0° 13°
       Ourense 1° 15°       Pontevedra 5° 20°   Santiago  6° 16°
       Vigo 6° 19°