Galicia lidera a baixada do paro en xullo, con 6.653 desempregados menos

O número total de parados queda en 163.412 persoas

Un operario en una fábrica. J. VÁZQUEZ
photo_camera Un operario nunha fábrica. J. VÁZQUEZ

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego na Comunidade autónoma galega baixou en xullo en 6.653 persoas respecto ao mes anterior, segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Galicia foi a autonomía na que máis descendeu o paro en cifras absolutas no mes de xullo. O total de desempregados queda en 163.412. 

En relación con xullo de 2017, o número de parados baixou na Comunidade galega en 18.459 persoas, un 10,15%, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

ESTADO. No conxunto do Estado, o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en xullo en 27.141 persoas respecto ao mes anterior, ata deixar a cifra total nos 3,13 millóns de desempregados, a máis baixa desde decembro de 2008.

Segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o desemprego reduciuse en 200.903 persoas respecto de xullo de 2017, en tanto que desde os niveis máximos rexistrados en febreiro de 2013 (5.040.222), o paro baixou en 1.905.201 persoas. 

Comentarios