Galicia lucirá 109 bandeiras azuis nas praias este ano, catro menos que en 2017

Será a segunda comunidade con máis distintivos nos areais, por detrás de Valencia

Bandera azul en un puerto. AEP
photo_camera Bandeira azul nun porto. AEP

Galicia será a segunda comunidade con máis bandeiras azuis nas súas praias este verán, 109, o que supoñen catro menos que o ano anterior.

Ademais, 15 portos deportivos galegos lucirán tamén esta insignia este verán, o que converte a Galicia na cuarta comunidade en número de bandeiras azuis nestes recintos.

Por provincias, Pontevedra consegue 55 bandeiras en praias —dúas máis que en 2017— e Lugo 14 —unha mais que o ano anterior—, mentres A Coruña perde 7 e queda con 40 distintivos.

En canto aos portos, seis están na provincia de Pontevedra, sete na Coruña e dous en Lugo.

Os datos deunos a coñecer este martes en Madrid a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) —a sección española da Federación Europea de Educación Ambiental— e revelan que o número de bandeiras azuis no conxunto do país creceu en 12 con respecto ás cifras do pasado ano.

España lucirá o próximo verán un total de 696 bandeiras azuis —590 praias e 101 portos— e manterá con ese número o primeiro posto nesta clasificación mundial.

Por comunidades autónomas, lidera o número de praias con bandeira azul a Comunidade Valenciana, con 132 insignias (3 máis que en 2017), seguida de Galicia con 109 (4 menos que en 2017) e Cataluña con 101 (6 máis que o pasado ano).

Con respecto ao número de portos deportivos en ondearaos a bandeira azul, lidera esa lista a comunidade de Cataluña (22 portos), seguida de Baleares (20), Andalucía (16), Galicia (15) e a Comunidade Valenciana (14).

Comentarios