Galicia, máis altas que casos activos novos nun día

Os pacientes recuperados xa son 1.240, tras incrementarse en 54 ► O total de contaxiados aumenta ata os 5.973, con 34 casos máis nun día
Un militar ante un hospital. PEPE FERRÍN
photo_camera Un militar ante un hospital. PEPE FERRÍN

As altas hospitalarias de pacientes con coronavirus covid-19 incrementáronse en 54 desde este luns ata 1.240 en Galicia, comunidade no que o número de positivos aumenta ata 5.973, o que supón 34 máis que a xornada pasada (+0,5%) na que se rexistraron 5.939. 

Así se reflicte nos datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nos que se indica que do total de pacientes positivos, 133 permanecen en Uci, 733 atópanse en unidades de hospitalización e 5.107 en seguimento domiciliario. 

Dos 5.973 casos de coronavirus, 1.271 corresponden á área da Coruña; 1.187 á de Ourense; 1.077 á de Vigo; 1.007 á de Santiago; 590 á de Lugo; 504 á de Pontevedra; e 337 á de Ferrol. 

Ata o momento rexistráronse en Galicia 1.240 altas de pacientes, fronte ás 1.186 deste luns –o que supón 54 máis– e 384 falecementos, segundo os datos actualizados por Sanidade.  O número de PCR realizadas na comunidade galega ata o momento ascende a 48.337.