Galicia perdeu 13.753 empregos en xaneiro, un 1,35 % sobre decembro

No conxunto de España, a afiliación á Seguridade Social baixou no mes en 244.044 ocupados
Oficina de emprego. ARCHIVO
photo_camera Oficina de emprego. ARQUIVO

A afiliación á Seguridade Social baixou en xaneiro en Galicia en 13.753 ocupados, un 1,35 % sobre decembro, e deixou o número total en 1.006.506, segundo os datos difundidos este martes polo Goberno.

No cómputo anual, hai 14.136 ocupados máis en Galicia respecto de xaneiro de 2019, un 1,42 % máis.

PARO. O paro creceu en xaneiro en Galicia en 2.447 persoas, un 1,48 por cento máis que no mes de decembro, de modo que o número de parados situouse en 167.755, segundo os datos difundidos este martes polo Goberno.

En termos interanuais, o paro segue baixando, con 7.045 persoas menos en desemprego que hai un ano, un 4,03 por cento .

En Galicia, por provincias, o paro sobe en xaneiro en todas, máis na Coruña en termos porcentuais

No conxunto de España a cifra o paro aumentou en xaneiro respecto a decembro nun 2,85 %, con 90.248 persoas máis desempregadas, ata as 3.253.853.

No último ano o paro tamén descendeu no conxunto de España, a menor ritmo que en Galicia, un 0,97 por cento, con 31.908 persoas desempregadas menos.

En Galicia, por provincias, o paro sobe en xaneiro en todas, máis na Coruña en termos porcentuais, un 2,1 por cento e menos en Ourense, un 0,78 por cento.

En termos anuais, o paro, do mesmo xeito que no conxunto de Galicia, baixa en todas as provincias, máis en Pontevedra (-5,06 %) e en Ourense (4,43 %).

Por sectores, o paro descendeu en xaneiro en Galicia a agricultura (-131) e a industria (-216) a construción (-239) e o colectivo sen emprego anterior (-169); mentres que subiu e lastrou o mes o sector servizos con 3.202 persoas desempregadas máis.

No conxunto de España, a afiliación á Seguridade Social baixou en xaneiro en 244.044 ocupados

En canto á contratación, en xaneiro asináronse 85.856 contratos en Galicia, 8.058 máis respecto ao mes anterior, un 10,36 % máis.

De todos os contratos asinados en xaneiro, o 90 por cento foron temporais. No último ano asináronse 3.455 contratos máis, un 4,19 por cento.

ESPAÑA. No conxunto de España, a afiliación á Seguridade Social baixou en xaneiro en 244.044 ocupados, a maior caída mensual desde 2013, con retrocesos no comercio e a hostalería, así como na agricultura polo impacto das tormentas nas campañas de tempada.

Segundo os datos facilitados este martes polo Goberno, aínda que o descenso deste xaneiro -un mes habitualmente malo para o emprego- foi máis acusado, o total de persoas ocupadas, 19,16 millóns, marca un máximo para un inicio de ano.

Comentarios