Galicia pide máis financiamento para adaptar as residencias de maiores

La conselleira Fabiola García durante la videoconferencia. EFE
photo_camera A conselleira Fabiola García durante a videoconferencia. EFE

A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu ao Goberno central máis financiamento para adaptar as residencias de maiores e os demais servizos sociais "á nova realidade" no contexto da pandemia da Covid-19. 

Fíxoo aproveitando a reunión por videoconferencia celebrada este luns co secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez, e co resto de comunidades. 

Ademais, segundo informa a consellería nun comunicado remitido ao termo do encontro, "Galicia solicitou tamén que a Administración estatal dea a coñecer os datos do impacto do Coronavirus nas residencias, que as comunidades autónomas comezaron a achegar fai máis de catro meses e que aínda non se fixeron públicos". 

Pola súa banda, reivindicou os protocolos de prevención e resposta dos que dispón Galicia para estes centros, tanto para maiores como para persoas con discapacidade. 

Comentarios