Galicia, próxima a baixar dos 500 hospitalizados por covid

Una enfermera atiende a un paciente de coronavirus en un hospital. EFE
photo_camera Una enfermera atiende a un paciente de coronavirus en un hospital. EFE

Galicia rexistraba 22.477 infectados por coronavirus ata as 18.00 horas do mércores, case 400 menos respecto ao día anterior, nunha xornada na que houbo 1.676 novos contaxios, 96 máis que un día antes, e os hospitalizados sitúanse ao bordo 500 (503), 55 menos.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18.00 horas do mércores había nas unidades hospitalarias de críticos 25 pacientes de covid-19, catro menos que o día anterior; mentres que en planta había 484, 51 menos; o que deixa o número total en 503 persoas ingresadas, 55 menos.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 492.429 persoas, das que se recuperaron 466.919 e faleceron 3.086, catro destas mortes notificadas nas últimas horas.

Comentarios