Galicia queda fóra da influencia da tormenta tropical Leslie

Nas próximas horas situarase ao norte de Lisboa e non afectará á comunidade

Situación do furacán Leslie. METEOGALICIA
photo_camera Situación do furacán Leslie. METEOGALICIA

A tormenta tropical Leslie chegará na noite deste sábado á costa de Portugal, aínda que se situará ao norte de Lisboa e, polo tanto, Galicia queda fóra da súa influencia. 

Esta é a predición de Meteogalicia, que apunta nunha mensaxe en Twitter que o furacán se localizou durante a madrugada do sábado a uns 400 quilómetros ao noroeste de Madeira. 

Así, a traxectoria de Leslie levaraa nas próximas horas a situarse na zona de cabo Mondego, ao norte de Lisboa, polo que Galicia quedará fóra da súa influencia. 

A tormenta tropical si afectará a outras zonas de España segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que advirte da posibilidade de ventos moi fortes, con refachos superiores a 80 km/h; e choivas intensas, de 75 a 100 l/m2 en 24 horas, no oeste peninsular ao longo deste domingo. 

Comentarios