Galicia reduce un cuarto dos infectados por covid-19 desde o pico da sexta vaga

En menos de dúas semanas, os casos pasaron dos 81.500 do pasado 20 de xaneiro aos 60.720 contabilizados este martes
Una mujer lleva una mascarilla en un autobús urbano. EFE
photo_camera Unha muller con máscara nun bus urbano. EFE
Galicia rexistra este martes 60.720 persoas infectadas por coronavirus, dous mil menos que o día anterior e un 25% menos que o pasado 20 de xaneiro, cando alcanzou o pico da sexta vaga con máis de 81.500 contaxios.

Nas últimas 24 horas, con todo, aumentaron levemente os contaxios, que suman 4.577, 331 máis que o día anterior; mentres que nos hospitais sobe a ocupación, con 18 ingresados máis, de modo que exceden os 700 (704) enfermos de covid-19.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18:00 horas do luns había nas unidades de críticos 41 pacientes de covid-19, tres menos que un día antres; mentres que en planta había 663, 21 máis que o domingo.

A incidencia acumulada volveu a baixar durante o fin de semana e sitúase en 2.840 casos por cada cen mil habitantes a dúas semanas, mentres que a sete días, o indicador avanzado, Galicia rexistra 1.290 casos, 80 puntos menos.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 424.423 persoas, das que se recuperaron 360.814 e faleceron 2.939, sete destas mortes notificadas nas últimas horas.

Comentarios