Galicia rexistra 1.207 infectados por coronavirus, a menor cifra en 3 meses

Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO
photo_camera Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO

Galicia rexistra este luns 1.207 casos activos por coronavirus, a menor cifra en tres meses, despois de que o pasado 20 de xuño alcanzase o chan da exigua cuarta onda na comunidade, con 1.289 infectados.

Deste xeito continúa o descenso da quinta onda de contagios, que nesta xornada sumou 33 casos novos e deixa a presión asistencial igual que un día antes, con 58 pacientes ingresados por covid-19, 17 deles en unidades de críticos, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 182.141 persoas, das que se recuperaron 178.339 e faleceron 2.629, ningunha delas nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, todas seguen en descenso, coas de Ferrol e de Pontevedra por baixo dos cen casos e as da Coruña, Lugo e Vigo aínda por encima de douscentos. 

Comentarios