sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Galicia rexistra 22 casos activos de coronavirus menos que o xoves

Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
Un dos catro ingresados por covid-19 atópase no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
O total de pacientes sitúase en 311

Galicia conta aínda con 311 casos de covid-19, o que representa 22 menos que o xoves, dos cales hai catro hospitalizados –un na Coruña, outro en Vigo e dous máis en Lugo– e 307 nos seus domicilios, segundo o balance diario facilitado este venres pola Xunta.

Ningún dos enfermos permanece en terapia intensiva e o número de afectados por covid-19 que lograron recuperarse ascende a 10.590, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Do total de 311 infectados polo coronavirus que aínda teñen síntomas da enfermidade hai 133 da área de Vigo, 81 da Coruña, 26 de Santiago de Compostela, 31 de Lugo, 21 de Ourense, oito de Pontevedra e once de Ferrol.

Entre os enfermos de covid-19 hai catro de residencias de persoas maiores e unha das profesionais de asistencia deses centros, nos que se rexistraron 274 do total de 619 falecidos por covid-19.

Galicia rexistra 22 casos activos de coronavirus menos que o xoves
comentarios