jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Galicia rexistra máis de 7.000 casos e supera os 800 contagios diarios

Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén
Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén

Galicia alcanzou este venres 7.036 casos activos de covid-19, 541 máis que un día antes, nunha xornada na que se detectaron 819 contaxios novos e na que seguen crecendo tanto a incidencia acumulada como a presión hospitalaria, que se achega a 200 ingresados.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18 horas do xoves había nos hospitais galegos 197 persoas, dez máis en total; das que 36 estaban en unidades de críticos (+4) e outras 161 en planta, 6 máis.

A incidencia acumulada situouse este xoves en 240,9 casos por cada cen mil habitantes a dúas semanas, 19 puntos máis que o día anterior e por encima da media de España, que está en 234 casos, segundo os datos do Ministerio de Sanidade.

Desde que comezou a pandemia contaxiáronse en Galicia 192.237 persoas, das que se curaron 182.562 e faleceron 2.676, tres delas nas últimas horas.

O área sanitaria de Vigo segue á cabeza desta sexta onda e superou os dous mil casos activos (2.033), tras detectar 253 novos contaxios nun día.

A piques de alcanzar os dous mil casos activos está a área de Ourense (1.813); mentres que a da Coruña pronto chegará a mil, 967 na actualidade; e a de Pontevedra segue crecendo con forza e achégase aos 800 enfermos (793).

Galicia rexistra máis de 7.000 casos e supera os 800 contagios diarios