lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Galicia rexistra nove mortes de persoas diagnosticadas con covid

A comunidade contabiliza un total de 831 mortos desde o inicio da pandemia

Na tarde deste luns as autoridades sanitarias galegas comunicaron o falecemento de nove persoas que fosen diagnosticadas con coronavirus. 

As nove vítimas trátanse dun home de 62 anos que estaba ingresado no  CHUO; unha muller de 84 anos e un home de 68 que estaban ingresados no CHUS; un home de 80 anos que estaba ingresado no  CHUVI; dúas mulleres de 94 e 95 anos que faleceron na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar; unha muller de 93 anos que faleceu na residencia Vale de Monterrei: e un home de 95 anos que faleceu na residencia  DomusVi de Oleiros. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Deste xeito a comunidade rexistra un total de 831 falecidos desde o inicio da pandemia.

Galicia rexistra nove mortes de persoas diagnosticadas con covid