Galicia supera as 3.000 mortes por covid-19, pero seguen baixando os contaxios

Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO
photo_camera Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO

Galicia rexistra xa 3.008 falecidos pola pandemia de covid-19, tras as 21 mortes comunicadas este mércores -aínda que corresponden a varias xornadas- mentres continúa a redución de infectados activos de coronavirus e de hospitalizados enfermos como parte do descenso da sexta onda de contaxios.

Segundo os datos facilitados polo Sergas correspondentes ás 18:00 horas do martes, hai 49.376 persoas con infección activa, o que supón 2.185 menos que o día anterior, e a cifra de novos contaxios é de 3.195, fronte a algo máis de 4.000 o luns.

Nos hospitais galegos hai ingresadas 694 enfermos graves de covid-19, sete menos que o luns, dos cales 646 en habitacións illadas -dez menos- e 48 en terapia intensiva Uci, tres máis que un día anters.

O Sergas informou de 21 falecementos de persoas con covid-19, a maioría o luns, cando as mortes contabilizadas foron 16, de persoas de 71 e 92 anos.

Catro das vítimas foron na área de Vigo e outras catro á de Lugo, mentres que na de Santiago de Compostela producíronse tres, e outras dúas na Coruña, así como unha na de Ourense, outra en Pontevedra e outra en Ferrol.

Ademais, o pasado 5 de feberro faleceu unha persoa e outra o día 6, e onte martes producíronse tres falecementos. Todos estes pacientes tiñan patoloxías previas, indica o Sergas.

Desde o inicio da pandemia en Galicia, contaxiáronse 459.048 persoas e curáronse 406.714, das que 5.359 corresponden a este martes.

Por áreas sanitarias, o número de casos activos baixa en todas e só as de Vigo e A Coruña seguen por encima dos 10.000 casos de infección activa. Na zona de Vigo hai 12.161 infectadas (731 menos que o martes) e na da Coruña 10.790 (-433).