Só dez praias galegas permiten o acceso de cans

A maioría están na provincia de Pontevedra

SONY DSC
photo_camera SONY DSC

Unha decena de praias galegas admiten o acceso de cans durante este verán, segundo a lista que publica Redcanina.es en todas as comunidades en España. 

A provincia de Pontevedra é a que conta con máis areais para cans nacomunidade. En concreto son: as praias do Espiño e O Portiño, en San Vicente do Mar (O Grove); O Castelete (Vilagarcía de Arousa), Cunchiña (Cangas), Cesantes (Redondela), e as da Foz e A Calzoa, que se atopan xuntas en Vigo. 

Na provincia de Lugo pódense levar mascotas a Punta Corveira, no municipio de Barreiros. é un pequeno areal de gran beleza situado a continuación da praia de Lóngara. 

Na provincia da Coruña poderedes pasear pola praia do Areal, no municipio da Pobra do Caramiñal, nun pequeno tramo disposto para a visita das mascotas. Tamén na praia urbana de Estacas, en Ares, onde habilitou unha zona para cans.

MAPA EN ESPAÑA. Cada ano, novas praias e calas súmanse á lista daquelas que admiten o acceso de cans en toda España. En moitos casos, trátanse de pequenas calas ou praias máis pequenas en localidades costeiras que xa contan con praias grandes para a maioría do público bañista. 

Ademais, cada unha conta cunhas normas de acceso determinadas, que se deben de consultar nas páxinas webs de concellos. 

Case todas as comunidades autónomas e provincias costeiras contan con praias habilitadas para a entrada de mascostas, agás o País Vasco, segundo a información recollida polo portal Redcanina.es. 

Cataluña e a Comunidade Valenciana seguen sendo as provincias con maior número de praias para cans habilitadas, de tal forma que o litoral mediterráneo é unha das mellores opcións para viaxar co teu can este verán.