Galicia é a terceira comunidade con máis kamikazes

A A-6, ao seu paso por Lugo, entre as cinco estradas de España con máis condutores en sentido contrario
Accidente provocado por un kamikaze en Guitiriz en septiembre de 2016. ARCHIVO
photo_camera Accidente provocado por un kamikaze en Guitiriz en septiembre de 2016. ARCHIVO

A Dirección Xeral de Tráfico detecta unha media de 12 kamikazes ao mes en Galicia. A A-6, ao seu paso pola provincia de Lugo, é unha das cinco estradas de España onde se detectan máis condutores en sentido contrario, segundo Social Drive.

A base de datos da rede social que conecta a millóns de condutores achega datos interesantes sobre este fenómeno: Galicia é a terceira comunidade con máis kamikazes, só superada por Canarias e Andalucía.

Na última década, Tráfico rexistrou case 200 accidentes provocados por condutores en dirección contraria, que se cobraron unhas 50 vidas. 

As cinco estradas de España con máis condutores kamikazes
GC-1, en Canarias.
GC-810, en Canarias.
Mirador de Guimar, en Canarias
A-6, ao seu paso por Lugo.
N-432. Extremadura e Andalucía.