A Garda Civil denuncia a un condutor por uso de detector de radar na AP-9

O Instituto Armado formulou unha denuncia á Lei de Seguridade Viaria que leva a perda de tres puntos 
fa8e6832-21e8-49eb-8f0e-c28543f1245f
photo_camera Inspección do vehículo co dispositivo anti radar. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil denunciou a un condutor por utilizar un detector de radar cando circulaba pola autoestrada AP-9 a unha "velocidade notoriamente superior á permitida" á altura da capital galega.

Segundo informa o Instituto Armado nun comunicado remitido á prensa, durante un servizo de control de velocidade establecido na autoestrada AP-9 circulando sentido Pontevedra á altura de Santiago de Compostela “detectouse un turismo de alta gama que circulaba a unha velocidade notoriamente superior á permitida".

O condutor, "antes de finalizar a manobra de adiantamento ao vehículo oficial” freou de xeito brusco, “terminando o adiantamento a unha velocidade inferior".

Ao detectar esta manobra, os axentes procederon a darlle o alto e a identificar ao condutor do vehículo e único ocupante. Así, pedíronlle ver o aparello de detección que levaba instalado ao que a persoa que conducía o vehículo cuestionou, segundo a Garda Civil, "¿Que detector?".

Na inspección do automóbil, localizouse "un dispositivo de antena dobre cun cono de exclusivo deseño que proporciona unha detección extrema de sinais de radar e láser". Os gardas verificaron que o dispositivo estaba conectado e facíase uso do"mesmo .

O Instituto Armado formulou unha denuncia á Lei de Seguridade Viaria que leva a perda de tres puntos do carné de conducir.

Comentarios