Un Garda Civil fóra de servizo rescata a un menor na praia de Caión

O axente interveu cando a corrente arrastraba ao pequeno
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Praia de Caión. ARQUIVO

Os bañistas da zona de Caión, na Laracha, viviron este martes un pequeno susto, debido a un menor ao que levaba a corrente e non podía regresar á beira en por si.

A alarma saltou sobre as 17,00 horas, momento en que o 112 recibiu o aviso por parte dunha das persoas que se atopaban no lugar, cuberto ademais pola néboa.

Segundo trasladaron testemuñas do suceso, un home, axente da Garda Civil fóra de servizo, lanzouse á auga para socorrer ao menor, e conseguiu sacalo ata terra firme sen resultar ferido.

Comentarios