Germán sae da Uci en Vigo catro meses despois

Este vigués de 72 anos, o paciente de Covid-19 que máis tempo estivo na unidade de críticos en Galicia, pasou este sábado a planta no Cunqueiro 121 días despois
Aplauso del personal del Cunqueiro en el momento en el que Germán Alonso pasa a planta. TVE
photo_camera Aplauso do persoal do Cunqueiro no momento no que Germán Alonso pasa a planta. TVE

Germán Alonso, un vigués xubilado de Citroën de 72 anos, recibiu este sábado un sonoro aplauso do persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo cando accedeu en padiola a unha das plantas do hospital. E non era para menos, xa que a súa xesta é única en Galicia e practicamente en toda España: superar o Covid-19 tras catro meses ingresado na unidade de coidados intensivos (Uci)

Germán sentiuse mal xa o 18 de marzo e, o día 30 dese mes, ingresou no hospital. A súa situación complicouse pronto, polo que entre o 2 e o 3 de abril xa pasou á Uci, onde permaneceu ata a mañá deste sábado: 121 días. Por sorte para el, non recorda nada

A súa historia de resistencia e superación é única. E aínda que ten por diante unha longuísima recuperación, en Vigo xa falan de "milagre".

Comentarios