Goberno e Xunta confrontan polas máscaras tras afirmar Feijóo que só chegaron 27.000

A Delegación do Executivo central asegura nas redes sociais que se distribuíron 117.907 máscaras en Galicia desde o 10 de marzo e Sanidade négao
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Feijóo, durante unha videoconferencia con Pedro Sánchez e o resto de presidentes autonómicos. EFE

O Goberno e a Xunta confrontaron abertamente este domingo a costa do material para combater a crise sanitaria do coronavirus e, en concreto, pola distribución de máscaras, logo de afirmar o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que polo momento só chegaron 27.000 á comunidade.

Fronte a esa afirmación, no seu perfil de Twitter, a Delegación do Goberno en Galicia defendeu que, a través do Ministerio de Sanidade, distribuíronse 117.907 máscaras en Galicia para atender as urxencias. "Segue o proceso de compra e distribución de material sanitario dando prioridade ás urxencias", engade.

O Sergas contestou a través dun comunicado no que se reafirma en que "só recibiu 27.010 máscaras" enviadas polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise do coronavirus en Galicia. "O primeiro lote de 15.250 recibiuse o pasado venres día 13, e o segundo de 11.760 unha semana despois. Trátase de 25.250 máscaras cirúrxicas e 1.760 máscaras FFP2", detalla Sanidade.

Conclúe que a Xunta confía en que o volume de máscaras "que o Goberno asegura enviar a Galicia poida facerse realidade o máis axiña posible na comunidade galega para afrontar conxuntamente esta crise sanitaria".

Comentarios