viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Gómez-Reino chama a PSdeG e BNG a antepoñer o cambio aos temas partidistas

Antón Gómez-Reino. CABALAR (EFE)
Antón Gómez-Reino. CABALAR (EFE)
Recoñece o papel "importante" de Martiño Noriega para lograr o acordo da candidatura común rupturista

O candidato de Galicia en Común-Anova-Mareas á presidencia da Xunta nas eleccións do 5 de abril, Antón Gómez-Reino, chama a PSdeG e BNG a poñer "os intereses do cambio político en Galicia" por enriba de calquera "cuestión partidista".

"Empezamos na carreira" cara á campaña electoral "agora mesmo" e o primeiro obxectivo é conseguir "que as forzas de esquerda sexan limpas" entre elas, dixo nunha entrevista emitida este domingo en Radio Nacional.

O deputado no Congreso recoñeceu o "papel importante" que xogou a figura de Martiño Noriega (Anova) á hora de chegar a un acordo para presentar a candidatura conxunta que encabeza nestas autonómicas. "Foi un traballo mesurado", con conversas "multilaterais" desde "había moito tempo" no que houbo diferentes actores que interviñeron e que estaban de acordo en que "o 5 de abril non se pode escapar un só voto progresista", dixo Gómez-Reino.

Acusa o PPdeG de levar once anos "facendo unha campaña de propaganda", e non de goberno

De cara a eses comicios autonómicos, o candidato da formación morada asegura que no seu partido existe unha "visión de conxunto máis ampla" que no —pasado cando os partidos da esquerda rupturista acabaron por non entenderse da mesma forma que planearan nun principio—. Agora asegura que "os erros están pechados" e todos "aprenderon". 

Un dos asuntos que máis preocupa a Gómez-Reino é o cambio climático, e por iso propón crear na Xunta un departamento —unha consellería ou unha dirección xeral— que se encargue especificamente de abordar a situación climática e impulse "políticas transversais" que sexan aplicables a todos os ámbitos. 

Gómez-Reino chama a PSdeG e BNG a antepoñer o cambio aos temas...
comentarios