Gómez-Reino propón un plan de retención e retorno de talento

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas cre que é necesario unha aposta pola investigación
Antón Gómez Reino. AEP
photo_camera Antón Gómez Reino. AEP

O candidato á presidencia da coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, comprometeuse a impulsar un plan de retención e recuperación do talento perdido na última década co obxectivo de apostar "de forma decidida" pola investigación. 

Gómez-Reino, acompañado do número 2 pola Coruña, Luca Chao, reuniuse coa Rede Galega pola Investigación (InvestiGAL), plataforma creada recentemente co obxectivo de ofrecer un espazo unitario no sector. 

A tónica do encontro foi a precariedade do sector e a necesidade de adoptar solucións a curto, medio e longo prazo- InvestiGAL está a traballar nun documento no que analizan o investimento do I+D+i do país, que representa unicamente o 0,94 por cento. 

Xunto a esta "precarización", a "fuga de talento" é outro dos principais problemas do sector, engadiu Gómez-Reino, "con mozos que se marchan do país porque o Goberno de Feijóo non apostou por eles". 

é por iso que desde a coalición proponse a elaboración dun plan de retención e retorno, para recuperar ese potencial perdido en ultímaa década, a mellora de condicións laborais, un 'Plan Galego de I+D+I 2020-2024', co compromiso de investir o 2% do PIB cara ao final da lexislatura. 

Comentarios