Gonzalo Caballero denuncia o "abandono do medio rural" por parte da Xunta

O secretario tivo ocasión de percorrer a LU-170 para comprobar o estado no que se atopa e solicitou un investimento imprescindible para a mobilidade dos veciños

Gonzalo Caballero Míguez. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Gonzalo Caballero Míguez. PEPE FERRÍN (AGN)

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este venres as localidades de Xermade e Guitiriz, onde puido comprobar "o abandono do medio rural" por parte do Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo. 

En concreto, sinalou que o PP ten "desatendidos" aos pequenos concellos da Galicia interior. Caballero trasladou estas críticas acompañado do alcalde de Xermade, Roberto García, e da alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín. 

Desde a convicción de que "o medio rural é unha cuestión de futuro para o país", o secretario xeral do PSdeG chamou a pór "na axenda" as necesidades destes municipios tanto en materia de infraestruturas como de servizos públicos. 

De feito, Caballero tivo a ocasión de percorrer a LU-170 e comprobar "o seu mal estado", motivo polo que esixiu á Xunta que acometa un investimento "imprescindible" para a mobilidade dos veciños da zona. 

Comentarios