Google remite a través da FBI datos sobre o crime de Ana Enjamio

Trátase de información sobre a xeolocalización dos móbiles da vítima e de César Adrio, o suposto agresor 

Ana Enjamio. EP
photo_camera Ana Enjamio. EP

Google remitiu a través da FBI os datos solicitados pola xuíza sobre o crime de Ana Enjamio, asasinada en decembro de 2016 en Vigo cando volvía dunha cea de empresa.

A FBI remitiu ao Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo a información que requirira sobre a xeolocalización dos móbiles da vítima e de César Adrio, o suposto agresor. Trátase dunha información relevante para resolver o caso, xa que o teléfono da moza enxeñeira e a arma utilizada para matala nunha chegaron a aparecer. 

Ana Enjamio, de 25 anos e natural de Boqueixón, foi acoitelada na madrugada do 17 de decembro no portal do edificio onde vivía na Avenida de Madrid, en Vigo. César Adrió traballaba na mesma empresa que a vítima, no Porriño, e ambos mantiveran unha breve relación sentimental á que Enjamio decidiu pór fin.

Comentarios