As grandes orquestras galegas únense na canción 'Fuerte tienes que empujar'

Cantantes e músicos de Panorama, La Oca Band, París de Noia, El Combo Dominicano, Cinema, Sátelites ou Marbella, entre outras, unen as súas voces
Imagen de la orquesta actuando. ORQUESTA SÚPER HOLLYWOOD
photo_camera Imaxe dunha orquestra actuando. ARQUIVO

Os artistas das orquestras máis coñecidas e populares que cada verán levan as súas luces e a súa música ás festas de todos os pobos de Galicia uníronse nun proxecto co que queren facer un canto á esperanza, e co que piden que se manteña a loita para superar a crise sanitaria e económica provocada polo coronavirus. Son conscientes de que esta crítica situación pode chegar a provocar a desaparición de formacións musicais e incluso das verbenas en pobos e cidades.

Por iso, cantantes e músicos de orquestras como Panorama, La Oca Band, París de Noia, El Combo Dominicano, Cinema, Sátelites ou Marbella, entre outras, unen as súas voces na canción Fuerte tienes que empujar, que estréase este martes ás 15.00 horas na plataforma Youtube

A letra e música da canción foi composta por Dani Dopazo, da Oca Band, con arranxos de Juan M. Paradela, e mesturada por Kiko Bea no seu estudo de gravación do Grove.

As formacións ven como periga un sector que só en Galicia conta con máis de 400 orquestras, grupos e dúos, e do que viven miles de familias, directa e indirectamente. Con esta canción pretenden loitar por manter a cultura musical, a verbena e as festas populares.

Comentarios