Gravan cabalos con cepos en Santa Comba e Lousame

FFW advirte de que esta práctica "está moi lonxe de desaparecer" en Galicia

Cabalos con cepos nunha das súas patas dianteiras para limitar os movementos ou con cordas que as entrelazan para forzar un desprazamento menor é, de novo, a estampa que se atoparon na Fundación Franz Weber este fin de semana en dúas localizacións diferentes: Santa Comba e Monte da Muralla, no termo municipal de Lousame.

Os animalistas denuncian que o uso de trancas ou de cordas provoca nos animais severas feridas físicas, chegando á mutilación parcial das súas patas, pero tamén supoñen "un problema engadido para condutores", xa que se internan nas estradas comarcais cunha dificultade engadida de mobilidade, o que pode provocar "graves accidentes de circulación".

FFW recorda que documentou 250 casos de cabalos en similares contextos de malos tratos nos últimos anos pero "nin a Xunta nin o sistema xudicial lograron por freo" a esta práctica gandeira que se utiliza principalmente para manter localizadas a eguas con poldros, aos cabalos líderes de cada manda ou coa falsa de crenza de que coas patas nestas condicións non danarán cultivos agrícolas.

Con todo, desde a organización animalista advirten de que "a colocación de calquera elemento que limite os movementos dos animais pode ser considerado unha conduta punible", por un delito de malos tratos animais, con penas de ata dous anos de prisión e a inhabilitación especial por un máximo de 36 meses para o exercicio, profesión ou tenencia de animais.

Comentarios