sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

A habelencia de Ethel Vázquez como reposteira

El bizcocho de Ethel Vázquez. M.G.P.
O biscoito de Ethel Vázquez. M.G.P.

A conselleira de Infraestruturas sorprende os xornalistas cun biscoito con mensaxe

Non era a primeira vez que o facía. Ethel Vázquez, a conselleira de Infraestruturas, agasallou o luns os xornalistas que a acompañaron nun almorzo informativo cun saboroso biscoito elaborado por ela mesma. Pero esta vez houbo sorpresa, porque no doce de miga mol podía lerse: "Bizcocho libre de peaje". Sen dúbida, unha clara alusión á autoestrada AP-9 e á polémica política que xira arredor das súas tarifas.

A xuízo dos que asistiron esa mañanciña ao encontro -metade gastronómico, metade de traballo- , a conselleira volveu amosar a súa habelencia nos fogóns, malia que ten recoñecido que os seus fillos non lle deixan moito tempo libre para cultivar a súa afección pola cociña.

"A verdade é que estaba bo", dixo un xornalista que xa lle ten probado algún que outro biscoito a Ethel Vázquez. "Nun momento de tanta controversia política non está de máis que alguén lle poña algo de doce á vida", sentenza outro.  

A habelencia de Ethel Vázquez como reposteira
comentarios