Evacuado en helicóptero un home atropelado polo seu chimpín en Celanova

Imagen de archivo del helicóptero del 112
photo_camera Un helicóptero do 061. ARQUIVO

Un home foi evacuado este mércores por un helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 tras ser atropelado polo seu propio chimpín no municipio ourensán de Celanova. 

Atendendo á información divulgada pola central do 112 Galicia, o incidente tivo lugar na tarde deste mércores nunha leira propiedade do ferido na parroquia de Ponte Fechas. 

Desprazouse ata alí o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, que procedeu a evacuar o ferido a un centro hospitalario.

Comentarios